O Goberno accede a mellorar o cemiterio de Santo Amaro, tal e como lle reclamara o BNG

O Goberno accede a mellorar o cemiterio de Santo Amaro, tal e como lle reclamara o BNG

A Coruña, 3 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG amosa a súa satisfacción logo de que o Goberno do PP accedera a cumprir o rogo presentado polas nacionalistas no Pleno do mes de xullo en que se reclamaba a rehabilitación do cemiterio de Santo Amaro. O BNG espera que a inclusión de Santo Amaro na ruta de cemiterios europeos sexa un revulsivo para que o alcalde acometa coa maior brevidade posíbel as necesarias obras no camposanto.

Neste rogo, as nacionalistas facíanse eco das distintas denuncias veciñais sobre o mal estado dalgunhas partes do cemiterio e advertían de que o Goberno do Sr. Negreira segue a manter fermosos a entrada e corredor central, á vez que esquece as partes máis afastadas da entrada.

O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que no corredor de tumbas situado na parte máis a esquerda do cemiterio pódese percibir, a simple vista, como os tellados están cubertos de maleza e como contan con numerosas fendas. De feito, o mal estado das partes laterais do cemiterio provocou nos nichos filtracións de auga que poden chegar a afectarlles aos cadaleitos.

O Goberno accede a mellorar o cemiterio de Santo Amaro, tal e como lle reclamara o BNG