Veira esixe explicacións polas irregularidades na adxudicación da cabalgata de reis

Veira esixe explicacións polas irregularidades na adxudicación da cabalgata de reis

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013.- A concelleira nacionalista Avia Veira pídelle ao Goberno municipal que dea conta das irregularidades detectadas na adxudicación da cabalgata de reis á empresa VS1 Producción Creativa. E fíxoo por un importe de 51,919,01 euros, "por ser su oferta la económicamente más ventajosa en la licitación...". A razón da adxudicación, lembra Veira, é falsa, xa que a oferta económica máis vantaxosa era a doutra empresa, C.A. Totality Group SLU, que se comprometía en prestar o servizo por 40.000 euros. De feito, a oferta de VS1 Producción Creativa superaba en 13.000 euros e nun 30% a oferta de C.A. Totality Group. Ademais, a concelleira do BNG denuncia que se valorou con 0 puntos o criterio de aforro de custos de C.A. Totality Group, empresa máis barata.

A nacionalista pon de manifesto que o BNG xa advertira de que empresa VS1 Producción Creativa fora constituída en xuño de 2012 e de que o seu único socio era Carlos López Ríos, a mesma persoa á quen se lle adxudicara o contrato o ano anterior (62.498,97 euros), a cabalgata de San Xoán de 2012 (35.057,80 euros) e mais o poboado lapón (72.479 euros). En total, 221.954,87 euros para empresas desta mesma persoa.

Veira esíxelle ao Goberno municipal explicacións por estes feitos e volve denunciar o dispendio nas actividades de Nadal do Goberno do Sr. Negreira, máis dado a gastar en espectáculos circenses que no benestar da cidadanía. Lamenta Veira que o Sr. Negreiro sexa austero para asfixiar o pobo cando renuncia á austeridade para enriquecer os amigos.

Veira esixe explicacións polas irregularidades na adxudicación da cabalgata de reis