Súmate á rebelión contra a reforma dos Concellos!

Súmate á rebelión contra a reforma dos Concellos!

depuA Coruña, 13 de novembro de 2013.- O BNG desenvolverá a partir das 17h de mañá, xoves, un acto simultáneo nas catro Deputacións en proposta á proxecto de lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local. Esta reforma dos Concellos busca acabar con todo intento de políticas alternativas á desfeita do PP, impulsa as Deputacións nun intento de promover o centralismo e pretende privatizar servizos fundamentais que presta a día de hoxe a Administración local.

O BNG anima a veciñanza a sumarse a este acto simbólico contra unha reforma antidemocrática que representa un paso máis na estratexia xeral de recortes que está a aplicar o PP na sanidade, na educación ou na dependencia. Baixo o lema “Reforma dos concellos, ruína para a cidadanía”, o BNG protestará contra a invasión de competencias directas dos concellos a favor das deputacións, pese a que os concellos son a administración máis próxima aos veciños e das veciñas.

Entre os servizos afectados por esta reforma atópanse a asistencia social a domicilio así como as prestacións que dependen dos traballdor@s sociais dos concellos, centros de día, políticas de dinamización de emprego, escolas infantís, comedores escolares ou as prestacións deportivas e culturais.

Súmate á rebelión contra a reforma dos Concellos!