A situación de áreas urbanas renovadas é unha imposición do Goberno local

A situación de áreas urbanas renovadas é unha imposición do Goberno local

A Coruña, 21 de decembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG manifesta, contrariamente ao afirmado polo concelleiro de urbanismo, que a situación das AUR (áreas urbanas renovadas) no PEPRI aprobado provisionalmente non é como consecuencia dunha proposta do equipo redactor do PEPRI, senón dunha imposición do Goberno Municipal.

Así, estes territorios “do todo vale e sen lei” que salpican as distintas zonas continuas da ordenanza son froito da imposición do Goberno Local a través do Informe municipal de 31 de outubro. Esta imposición, quince días despois do documento do PEPRI para a súa aprobación provisional entregado polo equipo redactor, reforzou o carácter totalmente liberalizador destas áreas. Desta maneira, o Goberno Local introduciu nestas áreas urbanas renovadas, nas que queda todo en réxime de ordenación, un cambiazo na normativa urbanística respecto ao informe de alegacións, autorizando as plantas baixo rasante ocupando a totalidade da parcela, recoñecendo as entreplantas existentes aos efectos da súa utilización e admitindo as unións funcionais salvo nos edificios con niveis de catalogación 1 e 2, alén de modificacións nos usos.

A situación de áreas urbanas renovadas é unha imposición do Goberno local