Rematar coa condición periférica dos aeroportos está na man da Xunta, non dos concellos

Rematar coa condición periférica dos aeroportos está na man da Xunta, non dos concellos

A Coruña, 15 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que rematar coa condición periférica de Alvedro e dos outros dous aeroportos galegos non está nas axudas que lles achegan os Concellos ás aeroliñas, senón na Xunta de Galiza, que se dedica a improvisar e se desentende cada vez máis dos aeroportos.

As nacionalistas acusan o Goberno galego de non saber que facer cos tres aeroportos, de aí que permita que Alvedro, Lavacolla e Peinador actúen pola súa banda e que o Goberno do Sr. Negreira poña cartos para que as compañías aéreas operen na cidade. De feito, o Consorcio de Turismo prevé gastar este ano 3.981 millones de euros para a promoción da ciudade a través de convenios con aeroliñas, algo que se traduce indirectamente en subvencións para que se implanten en Alvedro e enlacen A Coruña con outros destinos. Precisamente, para que Air Europa regresara a Alvedro, o Concello pagoulle a esta empresa 1,4 millóns de euros.

O Grupo Municipal do BNG insiste en que é fundamental acabar co criterio provinciano e centralista do “todo pasa por Madrid”. A solución pasa pola creación dun sistema aeroportuario galego en pé de igualdade e colaboración e afastado das lideiras populistas e localistas, sinalan as nacionalistas. Para isto, é necesario que o Goberno galego solicite a transferencia das competencias aeroportuarias, engaden.

Rematar coa condición periférica dos aeroportos está na man da Xunta, non dos concellos