Os promotores de Vío e Marineda benefícianse da proposta de prolongación do acceso ao porto exterior

Os promotores de Vío e Marineda benefícianse da proposta de prolongación do acceso ao porto exterior

A Coruña, 22 de novembro de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego sinala que a proposta de prolongación do acceso ao Porto Exterior da Coruña faise en beneficio dos promotores do Polígono de Vío, do Sector SUD-5 (As Rañas, que tamén promoven Jove e Collazo) e do propio complexo Marineda City. Trátase dunha proposta que pasa polo polígono de Vío para enlazar a AC-15 coa AC-14, dándolle, deste modo, saída ao propio polígono privado de Collazo e Jove, como zona de actividades loxisticas vinculadas ao Porto Exterior, en detrimento do polígono público de Morás.

O estudo informativo, en período de información pública, mostra que a proposta escollida non supón unha conexión directa co acceso ao Porto Exterior, senón que o que hai é un enlace entre a AC-15 e a AC-14 a través dunha estrada convencional cun carril en cada sentido, e non unha autovía, que pasa precisamente ao pé do polígono privado de Vío, dos Sres. Collazo e Jove.

Así se desprende literalmente da opción seleccionada cando dispón (páxina 70 da memoria):

“En esta alternativa, el trazado conecta la AC-15 con la AC-14 en construcción. Inicialmente, se parte del tramo de AC-15 en construcción con un viaducto de 270 m sobre el valle de Furoca, con la AG-55 y la AC-552, con una pendiente del 4.5% condicionada por el tramo construido. Es por ello que el gálibo sobre el ramal Coruña-Puerto del enlace en construcción será bajo y obligará a disponer en vano con canto reducido en este punto.

El trazado evita el cruce en desmonte del gasoducto Mugardos-Sabón y el terreno ocupado por el Polígono de Vío, aunque afectará a parte de una cantera en explotación, en torno al PK 0+800. En ese punto se presenta un desmonte de gran altura (37 m) tras el que se desciende con pendiente del 5%, manteniendo el trazado en paralelo con el contorno de los polígonos industriales de Vío y Pocomaco. Finaliza en el enlace con la AC-14, donde se planteará la construcción de los ramales de conexión Puerto-A6 y A6-Puerto, que conectarán en los ramales planteados en el Tramo de Tercera Ronda en construcción”

Como se pode apreciar tamén, a proposta seleccionada mostra que non hai unha conexión directa da A-6 co acceso ao Porto Exterior, senón que a conexión da A-6 co Porto Exterior terá que vir a través da AC-14 e desde alí ligar co enlace que vai pola estrada convencional de Vío para conectar co tronco da AC-15. Así tamén se desprende da proposta cando se sinala (páxina 71 da memoria):

“En el extremo final (PK2+910) se incluirá el enlace con la AC-14, disponiendo los ramales que conecten el Puerto con la AC-14 en dirección hacia la Autovía A-6, a partir de los ramales definidos en la conexión de la Tercera Ronda, actualmente en ejecución”

Os promotores de Vío e Marineda benefícianse da proposta de prolongación do acceso ao porto exterior