O programa do BNG-AA incluirá máis de 20 propostas da veciñanza para mellorar Os Rosales

O programa do BNG-AA incluirá máis de 20 propostas da veciñanza para mellorar Os Rosales

rosales 1A Coruña, 30 de marzo de 2015- No seu periplo polos barrios urbanos da cidade, a caravana de #TodasAsCoruñas fixo parada na tarde de hoxe nos Rosales, a onde se achegaron numerosos veciños e veciñas para entregar as súas propostas de mellora para o barrio. O BNG-Asembleas Abertas recollerá máis dunha vintena de actuacións para incrementar a calidade de vida das persoas que viven nos Rosales.

En declaracións aos medios, o cabeza de lista do BNG-AA, Xosé Manuel Carril, puxo de manifesto que entre as actuacións máis reclamadas pola veciñanza atópase a mellora do parque da praza Elíptica, onde os pais e as nais demandan eliminar as pedras da área infantil e substituílas por un material axeitado. Tamén advertiron da necesidade de realizar un estudo sobre a seguranza da tirolina e a posíbel conveniencia da súa substitución por outros xogos. Lembrou Carril, ao respecto, que o dos Rosales é un dos barrios cunha maior densidade de poboación infantil.

O candidato nacionalista apuntou que outra das propostas salientábeis que recollerá o BNG-AA no programa será a realización das xestións oportunas coas administracións correspondentes para dotar de novas funcións públicas ao servizo do barrio –como actividades dirixidas á infancia ou ás persoas maiores- as instalacións do edificio azul do CEIP Emilia Pardo Bazán, unha vez trasladado o alumnado alí escolarizado ás novas instalacións.

rosales 2Ademais, Carril, a instancias da veciñanza, trasladou ante a prensa a necesidade de mellorar o servizo de autobús urbano, respecto das liñas, das frecuencias e dos percorridos, tendo en conta que o barrio, no que hai censadas perto de 8.000 persoas, permanece bastante illado. O BNG-AA proporá recuperar as liñas de buses especiais para comunicar Os Rosales con lugares estratéxicos da cidade, como son a estación de autobuses, o hospital Teresa Herrera, o CHUAC, o Abente y Lago, os polígonos industriais... así como o aproveitamento da Terceira Rolda para que circulen os buses, unha proposta que xa fora anunciada a semana pasada polo BNG.

Por último, o cabeza de lista do Bloque anunciou que recollerá no programa a elaboración e desenvolvemento dun plano de dinamización comercial do barrio, unha das suxestións máis repetidas pola veciñanza.

O programa do BNG-AA incluirá máis de 20 propostas da veciñanza para mellorar Os Rosales