O PP vai vincular o Concello durante 10 anos (8+2) cun contrato da ORA que custará 23 millóns

O PP vai vincular o Concello durante 10 anos (8+2) cun contrato da ORA que custará 23 millóns

A Coruña, 28 de novembro de 2014- A Xunta de Goberno Local aprobou na mañá de hoxe a autorización do gasto e dos pregos para a xestión do servizo público, mediante a modalidade de concesión, da ordenación e regulación do aparcadoiro de vehículos (ORA) por tramitación ordinaria, procedemento aberto e mediante varios criterios de adxudicación. Á vista do expediente aprobado, o Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno do Sr. Negreira vai vincular o Concello da Coruña durante un máximo de dez anos (8 anos iniciais prorrogábeis a outros 2) cun contrato da ORA cuxo importe ascende a 23 millóns de euros.

As nacionalistas sinalan que os 23 millóns de euros representan unha cantidade considerábel de recursos públicos municipais para gastos en bens correntes e servizos e que non implican nada en investimentos reais. Ademais, salientan que esta aprobación teña lugar sen valorar a opción dunha xestión pública directa por parte do Concello da Coruña e non a través dunha empresa privada.

Pola outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou a autorización do gasto e dos pregos para a prestación do servizo de retirada, inmobilización e depósito de vehículos estacionados na vía pública. Neste caso, o BNG explica que o contrato terá unha duración de 6 anos como máximo (4 anos iniciais máis 2 prorrogábeis) e advirte de que, ao igual que no contrato da ORA, o Goberno do Sr. Negreira non valora a xestión directa desde servizo público, que teima en seguir mantendo a través dunha empresa privada.

O PP vai vincular o Concello durante 10 anos (8+2) cun contrato da ORA que custará 23 millóns