O PP prohíbelle ao BNG consultar os orzamentos municipais

O PP prohíbelle ao BNG consultar os orzamentos municipais

A Coruña, 9 de xuño de 2013.- Malia que a Xunta de Goberno Local aprobou na mañá de hoxe, en sesión extraordinaria, os orzamentos municipais de 2014, o Grupo Municipal do BNG non puido ter acceso a eles. A diferenza dos anos anteriores, o Partido Popular prohibiulle ao BNG a consulta das contas do ano que vén e remitiuno a agardar até o luns.

As nacionalistas cualifican de antidemocrático o proceder do PP, que, ao longo da semana, presentou “por fascículos” os orzamentos de 2014 perante os medios de comunicación, transmitindo só a información que favorece os intereses do Goberno do Sr. Negreira e ocultándolle as cifras ao conxunto do pobo.

O BNG, que lamenta ter que esperar dous días máis para estudar as contas municipais de 2014, pon de manifesto que, tal e como fan Administracións como a Xunta de Galiza e o Estado español, os orzamentos deberían colgarse na páxina web do Concello da Coruña, co fin de que todas as persoas interesadas puidesen ter acceso a el.

O PP prohíbelle ao BNG consultar os orzamentos municipais