O PP privatiza a xestión da tramitación das solicitudes para instalar terrazas

O PP privatiza a xestión da tramitación das solicitudes para instalar terrazas

carlos negreiraA Coruña, 27 de xaneiro de 2015- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno do Sr. Negreira vén de aprobar unha nova privatización dun servizo municipal. Desta vez, o Partido Popular externaliza a xestión da tramitación das solicitudes de instalación das terrazas en espazos de uso público. Así, en virtude desta privatización, o Goberno local aprobou o gasto de 70.666 euros dos cales 17.666 euros se imputaron ás contas municipais de 2014 e o total restante, 53.000 euros, se imputan ás contas municipais de 2015. As nacionalistas tiveron coñecemento desta información a través das resolución de Alcaldía.

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG advirte de que o Sr. Negreira externaliza este servizo para responder as solicitudes de terrazas xa formuladas durante o 2014, tal e como se recolle na resolución. Isto demostra, máis unha vez, a nefasta xestión do Partido Popular á fronte do Concello da Coruña.

Tal e como puido saber o BNG, o contrato da xestión das solicitudes da instalación de terrazas foille adxudicado mediante procedemento negociado á empresa EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA “por ser a súa proposición a máis vantaxosa economicamente”. A duración do contrato é de catro meses e o departamento encargado de supervisar o cumprimento das cláusulas é o Servizo de Mobilidade Urbana, do que é responsábel a concelleira Begoña Freire.

O PP privatiza a xestión da tramitación das solicitudes para instalar terrazas