Para poder expropiar para elevadores hai que adecuar o PEPRI e a ordenanza municipal

Para poder expropiar para elevadores hai que adecuar o PEPRI e a ordenanza municipal

A Coruña, 21 de decembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG sinala que mais que mudar a Lei de Vivenda de Galiza, o que debe facer o Goberno Local para poder expropiar co fin de instalar elevadores é adecuar a Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmóbeis e o PEPRI en trámite á Lei 8/2013.

E é que o artigo 15 da Lei 8/2013 de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas permite a expropiación para a instalación de elevadores (sempre que a instalación do elevador se encadre nunha actuación de rehabilitación e que tal instalación estea prevista nun plan ou delimitación de ámbitos de rehabilitación e ordes de execución), así sinala que “la expropiación de aquellas partes de pisos o locales de edificios, destinados predominantemente a uso de vivienda y constituidos en régimen de propiedad horizontal, que sean indispensables para instalar los servicios comunes que haya previsto la Administración en planes, delimitación de ámbitos y órdenes de ejecución, por resultar inviable, técnica o económicamente cualquier otra solución y siempre que quede garantizado el respeto de la superficie mínima y los estándares exigidos para locales, viviendas y espacios comunes de los edificios”.

Por tanto, o Concello da Coruña, ao abeiro da Lei 8/2013, debe adecuar a Ordenanza municipal de rehabilitación ao contido da propia lei estatal e debe adecuar o PEPRI aprobado provisionalmente ao artigo 15 desta mesma Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas e así contemplar que o Concello ten potestade de expropiar para pór elevadores.

Para poder expropiar para elevadores hai que adecuar o PEPRI e a ordenanza municipal