O pobo da Coruña vai ser quen teña que asumir o capricho de Negreira na Mariña

O pobo da Coruña vai ser quen teña que asumir o capricho de Negreira na Mariña

Xosé Manuel CarrilA Coruña, 10 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que van ter que ser as propias coruñesas quen asuman o custo do túnel da Mariña, un capricho de Carlos Negreira que só favorece os intereses urbanísticos da Autoridade Portuaria. E é que os orzamentos municipais de 2014 recollen como principal partida de investimentos un total de 4 millóns de euros para malgastar no túnel da Mariña e prevén outro investimento de 10,59 millóns de euros nas contas de 2015.

Lembra o BNG que, alén do Concello da Coruña, non existe implicación de ningunha outra Administración para a obra da Mariña. De feito, nin os orzamentos xerais do Estado nin os orzamentos galegos recollen partida ningunha para acometer esta actuación.

O PP destina a principal partida de investimentos para unha obra que non lle corresponde ao Concello mentres deixa no abandono barrios como Palavea, Visma ou Bens

O BNG oponse a que o PP dedique a maior partida de investimentos nos orzamentos de 2014 a unha obra que non lle corresponde pagar ao Concello da Coruña, senón á Autoridade Portuaria, á vez que deixa sen cubrir as necesidades primarias que teñen barrios como Palavea, Visma ou Bens.

As nacionalistas advirten de que, só o ano que entra, o PP soterrará neste túnel carente de interese xeral un total de 4 millóns de euros do pobo coruñés para que a Autoridade Portuaria poida especular coa venda dos peiraos unha vez estean desafectados e unha vez fique liberada a superficie do viario.

O pobo da Coruña vai ser quen teña que asumir o capricho de Negreira na Mariña