Participa co Bloque na Feira das Marabillas!

Programa de actividades da feira das marabillas
Programa de actividades da feira das marabillas
Participa co Bloque na Feira das Marabillas!

Programa de actividades da feira das marabillas

No BNG estamos a estrear o noso novo local comarcal na Coruña. No número 4 da Rúa Damas (orixinaria e lexitimamente Rúa das Donas) a un minuto a pé de María Pita e Porta Real en plena Cidade Vella. Logo dun fermoso acto de apertura con Pilar García Negro, Cesáreo Sánchez Iglesias e Felipe Senén, a idea é continuar na liña de o converter nun punto de encontro e acollida de diversos actos máis que nunha oficina meramente administrativa.

Con ese ánimo recibimos a chegada da Feira das Marabillas, o mercado medieval e do antigo réxime que se celebra cada ano na Coruña. Desta volta será entre o 20 e o 25 de xullo e no BNG tomamos a decisión de abrir á nosa sede e programamos unha serie de actividades para atraerte ao local ao tempo que procuramos contribuir ao éxito da Feira das Marabillas dende unha óptica netamente galega.

Cartel da XXII ofrenda floral ao monumento a Curros Enríquez

Mini e Mero darán unha auténtica clase mestra sobre os cantares de cego, da man de Águeda Rei; Moncho Freixeiro e Paco Rodríguez falarannos da Galiza Baixo Medieval e na compaña de Ana Pontón realizaremos a tradicional homenaxe a Curros Henriquez, acto central polo Día da Patria Galega na nosa comarca. O día 23 teremos unha xornada especialmente adicada aos máis cativos, pero apta para todos os públicos, cos contos de David Neira e a maxia de Martín Camiña, aliás poderán coñecer aos Reis de Galiza en formato xigante.

A maiores, convidamoste a participar da nosa tradicional ofrenda floral no monumento a Curros Enríquez, nos xardíns de Méndez Núñez, que este ano cumpre a súa vixésima segunda edición. Desta volta, a actividade, na que participará a nosa Portavoz Nacional Ana Pontón, terá lugar mañá xoves 21, a partir das 20.30 h, e contará cunha rondalla que realizará un pasarrúas que comezará no propio local do BNG, na rúa Damas 4, e percorrerá as rúas do centro da cidade, rematando diante do monumento realizado por Francisco Asorey.

Achégate!

Pásao!

Convida!