O Parlamento europeo debate as emendas do BNG para o saneamento integral da ría do Burgo

O Parlamento europeo debate as emendas do BNG para o saneamento integral da ría do Burgo

ana miranda 2A Coruña, 15 de decembro de 2013.- O BNG traballa por que o informe europeo sobre a ría do Burgo, cuxas emendas se debaterán mañá, inclúa as prescricións que garantan o saneamento integral. Para isto, o BNG impulsou no Parlamento europeo a través do grupo ALE-Os Verdes, do que forma parte, emendas ao texto que dan resposta ás demandas históricas da Plataforma en Defensa da Ría do Burgo. Así, a través destas emendas, os nacionalistas reivindican a extracción, limpeza e tratamento dos lodos, unha solución ao problema dos aliviadoiros das estacións de bombeo, o plan de rexeneración e dragado integral da ría, axuda ao desenvolvemento e fomento de programas de lecer e deporto, axudas a proxectos de recuperación e para volver sementar os bancos marisqueiros e o control estrito, no futuro, da ría do Burgo, co fin de garantir o benestar da veciñanza e do sector profesional que vive do marisqueo.

Tamén reclama o BNG nas emendas que se debaterán mañá un chamamento ao Estado español a realizar os investimentos de financiamento para poder sanear a ría, dado que no presente exercicio orzamentario, a ría do Burgo non recibiu investimento ningún e o Partido Popular non consignou ningunha partida orzamentaria para o ano 2014 nin nas contas xerais do Estado nin nas contas da Xunta de Galiza. E isto, apuntan o Bloque, malia existir un procedemento de infracción aberto pola Comisión Europeo por incumprimento na depuración de augas Ademais, ante a denuncia dos peticionarios de falta de información e participación, os nacionalistas solicítanlles ao Goberno central e á Xunta de Galiza que participen en todas as actuacións que se realicen.

Un informe descafeinado, manipulado polo Partido Popular

O Bloque Nacionalista Galego pon de manifesto que a presión e manipulación do PP ao presidente da Delegación deron como resultado un documento totalmente parcial, nada ecuánime e que reduce a responsabilidade das autoridades competentes na loita contra a contaminación, é dicir, un informe que non reflicte a realidade da ría do Burgo. Porén, os nacionalistas esperan que, finalmente, o informe inclúa as emendas do BNG co fin de darlle a solución definitiva á tan necesaria recuperación da ría.

Así, a secretaria de Política Internacional do BNG, Ana Miranda, que formou parte da delegación oficial de investigación como eurodeputada, reclama que non primen os intereses partidarios para lavarlle a cara tanto ao Goberno central como á Xunta de Galiza e salienta que o obxectivo final pasar polo saneamento integral da ría.

O Parlamento europeo debate as emendas do BNG para o saneamento integral da ría do Burgo