A modificación do planeamento das familias: inviábel para as familias e viábel para os promotores

A modificación do planeamento das familias: inviábel para as familias e viábel para os promotores

A Coruña, 29 de novembro de 2014.- Se é tan inviábel a modificación do planeamento do Ofimático para excluír ás familias afectadas, por que o Goberno Local está a modificar agora, precisamente este planeamento para beneficio único e exclusivamente dos grandes promotores, manifesta o Grupo Municipal do BNG. Malia que o Goberno Local recoñece que hai as alternativas legais que propón o BNG, resulta que, a diferenza de como trata ás grandes promotoras, non lle dá a gaña de aplicarllas ás familias de Elviña. As nacionalistas sinalan, ademais, que a modificación da tramitación para esta exclusión duraría o que está a durar a actual modificación do planeamento solicitada polo propios promotores.

Así o BNG lembra que a modificación do plan parcial do sector 10 Parque Ofimático, que está actualmente en trámite (aínda non se resolveron as alegacións formuladas polas familias e polo BNG, entre outros alegantes), está pensada única e exclusivamente nos intereses das empresas privadas e sociedades promotoras, e non das persoas e familias afectadas.

Modificación do planeamento invíabel para as familias, modificación víabel e beneficiosa para os grandes promotores: non se poden excluir superficies, pero, pola contra, si se pode incluír máis aproveitamento e máis vivendas

O Goberno do Sr. Negreira di que é invíabel a modificación do planeamento para as familias, pero resulta que permite unha modificación do planeamento solicitada polos grandes promotores. No caso de aprobar definitivamente esta nova modificación do plan parcial, os grandes promotores poderán disfrutar, entre outras moitas cousas, de toda a seguinte serie de cambios nas condicións urbanísticas:

En primeiro lugar, un incremento da edificabilidade residencial e terciaria, coa previsión dun novo mamotreto de B+14 en terreos que no plan vixente figuran especificamente como zona verde. En segundo lugar, unha redución da dotación para equipamento escolar. En terceiro lugar, a supresión da obriga do 50% para a vivenda protexida. En cuarto lugar, un aumento de alturas en solares de promotoras privadas. En quinto lugar, o acceso aos sotos (garaxes privados) dalgunhas parcelas baixo subsolo público. En sexto lugar, unha mellora das condicións urbanísticas da parcela da Xunta de Galiza, consistente no cambio de uso incluído e opción de facer un mamotreto de B+14, sempre coa finalidade de facilitar a súa venta. En sétimo lugar,delimita un novo polígono no sector con mais aproveitamento e mais vivendas para ADIF, coa finalidade de non amolar aos promotores e titulares de parcelas.

E todo isto, tendo en conta que se admitiron alegacións presentadas fóra de prazo por parte dalgunhas das promotoras, que, ademais, foron aceptadas.

A modificación do planeamento das familias: inviábel para as familias e viábel para os promotores