O Goberno municipal, nun ataque á democracia inaudito, impídelle ao BNG presentar alegacións

O Goberno municipal, nun ataque á democracia inaudito, impídelle ao BNG presentar alegacións

A Coruña, 31 de outubro de 2012.- O Goberno do Sr. Negreira impediulle ao Grupo Municipal do BNG presentar unhas alegacións ao Rexistro Central de Facturas. Así, polo simple feito de seren concelleiros e concelleiras, o Goberno municipal quítalles o dereito que teñen como cidadáns a presentaren alegacións.

Un ataque á democracia e a participación cidada inaudita e ilegal

A decisión do Goberno municipal, que se formalizou esta mañá na Comisión Informativa de Facenda, ademais de inaudita é ilegal. E é que o Tribunal Constitucional está farto de dicir que “o concelleiro, pola súa condición de membro do Concello... para o que é elixido mediante sufraxio universal, libre e secreto dos veciños, está lexitimado para impugnar a actuación da Corporación local á que pertence, polo interese concreto que ostenta no correcto funcionamento de dita corporacion en virtude do seu mandato representativo”, ademais de ser un “medio de lograr a satisfaccións das necesidades e aspiracións da comunidade veciñal”.

De teimar nesta postura cavernícola, os concelleiros e concelleiras da oposición non poderán presentar alegacións nin ás ordenanzas municipais e de prezos públicos nin aos orzamentos

O Goberno municipal entende que cando un concelleiro ou concelleira do BNG presenta alegacións incorre nun abuso de dereitos. Así é como entende o Goberno do Sr. Negreira a oposición. De aí que os e as nacionalistas esixan unha rectificación. Se o Goberno municipal non rectifica fronte a este ataque á democracia e á participación da cidadanía, o Grupo Municipal do BNG non podería presentar alegacións nin ás ordenanzas fiscais e de prezos públicos nin aos orzamentos. Os nacionalistas lembran que o Goberno municipal foi condenado polos tribunais por vulnerar os dereitos fundamentais dos e das concelleiras do BNG.

 

O Goberno municipal, nun ataque á democracia inaudito, impídelle ao BNG presentar alegacións