O Goberno Local segue a negociar ás agachadas con Albada sen dar a coñecer o resultado das auditoría

O Goberno Local segue a negociar ás agachadas con Albada sen dar a coñecer o resultado das auditoría

O BNG esixe que o primeiro que ten que facer o Goberno Local é dar a coñecer as auditorías.

O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno Local segue a negociar ás agachadas con Albada mentres non permite o acceso ás auditorías e non dá a coñecer os seus resultados.

O BNG sinala que non ten nome esta situación xa que desde o mes de outubro de 2012 o Goberno Local é coñecedor dos resultados das auditorías técnica-ambiental e económica da planta de Nostián e porén segue a manter estes resultados baixo chave, agochándollos á cidadanía para coñecer cal é a situación da planta de tratamento de residuos urbanos sólidos e o grao de cumprimento ou incumprimento das condicións da concesión e poder coñecer, así, de que parte é responsábel a empresa e de que parte é responsábel o Concello.

O BNG esixe que o Goberno Local o que ten que facer, primeiramente e antes de nada, e facer públicas as auditorías porque a veciñanza ten dereito a coñecer realmente cal é o grao de cumprimento de tratamento do lixo polo cal está a pagar un servizo.

O Goberno Local segue a negociar ás agachadas con Albada sen dar a coñecer o resultado das auditoría