O Goberno do Sr. Negreira nega un local do Concello para unha reunión c@s traballador@s de Albada

O Goberno do Sr. Negreira nega un local do Concello para unha reunión c@s traballador@s de Albada

A Coruña, 20 de agosto de 2013.- O Goberno municipal vén de impedirlles ás forzas políticas contar cun local do Pazo de María Pita para se reuniren co Comité de Empresa de Albada o vindeiro xoves pola mañá. As nacionalistas presentaban esta mañá por rexistro un escrito en que lle solicitaban á Alcaldía un espazo en que manter a xuntanza cos traballadores da planta de Nostián e co PSOE e EU-Os Verdes. Porén, unha chamada de Alcaldía á oficina do BNG informaba de que os grupos da oposición non poderán reunirse cos traballadores de Albada nos espazos municipais, xa que “los salones son para actividades de la Alcaldía y la biblioteca, para contratación”.

O Grupo Municipal do BNG advirte de que o conxunto de edís da Corporación, na súa condición de concelleiros e concelleiras, poden facer uso das instalacións para o exercicio das súas funcións correctamente. A postura de Alcaldía viola os dereitos dos membros da Corporación como concelleiros e impide o desenvolvemento do seu labor, alén de poñer de relevo que o Partido Popular confunde todo e pensa que a casa consistorial é só do Goberno. Así, as nacionalistas sinalan que o Goberno do Sr. Negreira volve adoptar unha decisión que podería ser constitutiva de vulneración dos dereitos fundamentais dos e das edís.

O Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, sinala no seu art. 28. [Uso de locales de la corporación por los grupos políticos de las Corporaciones locales] que:

1. Los grupos políticos podrán hacer uso de locales de la Corporación para celebrar reuniones o sesiones de trabajo con asociaciones para la defensa de los intereses colectivos, generales o sectoriales de la población.

2. El Presidente o el miembro corporativo responsable del área de régimen interior establecerán el régimen concreto de utilización de los locales por parte de los grupos de la Corporación, teniendo en cuenta la necesaria coordinación funcional y de acuerdo con los niveles de representación política de cada uno de ellos.

3. No se permitirá este tipo de reuniones coincidiendo con sesiones del Pleno o de la Comisión de Gobierno.

O Tribunal Supremo ten interpretado este artigo 28, de modo que se ten pronunciado ao respecto, declarando, en casos como este, que hai vulneración de dereitos fundamentais.

O Goberno do Sr. Negreira nega un local do Concello para unha reunión c@s traballador@s de Albada