O Goberno debe cambiar o PXOM se quere dotar dun centro de saúde o mercado de Sta Lucía

O Goberno debe cambiar o PXOM se quere dotar dun centro de saúde o mercado de Sta Lucía

A Coruña, 16 de setembro de 2014.- Antes de seguir facendo promesas electorais cando aínda non estamos en campaña electoral, o Bloque Nacionalista Galego lémbralle ao sr. Negreira que debe modificar o uso contemplado no PXOM de 2013, dado que o edificio do mercado de Santa Lucía polo de agora figura como equipamento público de abastecemento (achégase plano dixitalizado de zonificación do PXOM) e non permite a inclusión dun centro de saúde. Así, para que non haxa problemas de compatibilidade de actividades das que fala o Goberno Local, como mínimo debe incluír no PXOM, mediante a súa modificación, o uso de equipamento público sanitario.

E é que o terreos do edificio do mercado de Santa Lucía teñen un uso dotacional de equipamento público de abastecemento (na categoría de abastecemento inclúense os edificios mediante os que se provén produtos de alimentación e outros de carácter básico para o abastecemento da poboación, tales como mercados de abasto e centros de comercio básico) e por tanto non permite dotar ao edificio dun centro de saúde segundo a súa calificación urbanística actual.

O BNG insta o Goberno a explicar se vai remunicipalizar o mercado de Santa Lucía

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG insta o Goberno a explicar se vai remunicipalizar o mercado de Santa Lucía, unha vez remate, no primeiro trimestre de 2015, o contrato da empresa concesionaria do mercado.

Precisamente, as nacionalistas presentaron unha pregunta para a resposta escrita o 4 de setembro de 2014 (achégase dixitalizada) para saber que plans de futuro tiña o Goberno do Sr. Negreira para este mercado e para coñecer se tiña pensado asumir a xestión directa do edificio. Nesta iniciativa, o Grupo Municipal do BNG aludía á situación de incerteza que viven os praceiros e praceiras que teñen actualmente un posto neste mercado.

O Goberno debe cambiar o PXOM se quere dotar dun centro de saúde o mercado de Sta Lucía