O Goberno central redúcelle un 20% o orzamento á Real Academia Galega

O Goberno central redúcelle un 20% o orzamento á Real Academia Galega

A Coruña, 12 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG advirte de que os orzamentos xerais recórtanlle a partida destinada á Real Academia Galega (RAG) nun 20%. Así, mentres as contas xerais recollen para o 2014 un total de 273.000 euros para a RAG, nos orzamentos do 2013 recollíanse 341.000 euros. Precisamente, o BNG presentara unha emenda parcial para aumentar en 658.000 euros a partida, emenda que foi tumbada polo Partido Popular.

Pola outra banda, as nacionalistas denuncian que o Goberno central deixa a 0 a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Lembra o BNG a importancia desta entidade creada no ano 1849 e con sede na cidade da Coruña. Ao seu traballo social, súmase o da difusión e mantemento do patrimonio, así como o seu labor como órgano consultivo da administración á hora de elaborar informes ou catalogar certos bens. Ademais, a academia conta con fondos artísiticos, musicais e arquivísticos de valor, así como unha colección de máis de 500 gravados procedentes da Calcografía Nacional dos séculos XVII e XX, unha serie de 40 gravados de Goya, o arquivo fotográfico de Menchu Lamas ou o Arquivo Musical de Galiza.

O Goberno central redúcelle un 20% o orzamento á Real Academia Galega