Estaría conforme Picasso cun comité de honra formado pola Casa Real e políticos do PP?

Estaría conforme Picasso cun comité de honra formado pola Casa Real e políticos do PP?

picassoA Coruña, 13 de xuño de 2014- O Grupo Municipal do BNG pregúntase se o Picasso republicano exiliado, vista a súa experiencia vital e o seu pensamento, estaría conforme cun Comité de Honra formado pola Casa Real, desacreditada e que pretende perpetuarse, e por políticos do Partido Popular –entre eles o presidente da Xunta, quen asegurara que Picasso era catalán.

Á vista da documentación aprobada en Xunta de Goberno (achégase informe xunto á nota), o 89% da familia de Picasso non emitiu o seu consentimento de ningún xeito para formar parte do Comité de Honra da exposición “El primer Picasso. A Coruña. 2015”. A pesar de que non emitiran o seu consentimento, están integrados no Comité, posto que nas cartas enviadas se lles indicaba que, en caso de non haber contestación, entendíase que tacitamente aceptaban formar parte del. Na mesma situación en que se atopan os familiares do pintor están os directores dos principais museos picassianos, os de París e Barcelona, xa que tampouco deron o seu consentimento.

Estaría conforme Picasso cun comité de honra formado pola Casa Real e políticos do PP?