O DOG publica a orde da Xunta que condiciona a aprobación definitiva PXOM á introdución de cambios

O DOG publica a orde da Xunta que condiciona a aprobación definitiva PXOM á introdución de cambios

A Coruña, 8 de marzo de 2013.- Por se quedaba algunha dúbida, o Diario Oficial de Galiza (DOG) publica hoxe a orde do 25 de febreiro de 2013 sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello da Coruña http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130308/AnuncioCA02-280213-0001_gl.html). Na propia orde, fronte ao que mantén o Goberno municipal, a Xunta de Galiza recolle "outorgar a a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Coruña, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, condicionado á introdución das modificacións contidas no punto II desta orde" e tamén advirte de que "cómpre achegar un documento refundido que introduza eses cambios".

A maior parte das 28 modificacións afectan a cuestións fundamentais e normativas do PXOM, como planos de ordenación, fichas e datos da memoria. Como as modificacións non son menores nin son simples correccións de erros, o Grupo Municipal do BNG considera que o PXOM debe ir de novo a Pleno, xa que o Pleno da Corporación é o único órgano competente para a aprobación do documento refundido do Plan Xeral que inclúa os cambios e modificacións sinaladas na Orde da Xunta de Galiza. De feito, o 27.02.2013, o Grupo Municipal do BNG xa se dirixiu o alcalde mediante un escrito para lle reclamar que o documento volva, unha vez máis, ao Pleno.

O DOG publica a orde da Xunta que condiciona a aprobación definitiva PXOM á introdución de cambios