Conde de Fenosa: outro revés á estratexia procesual errática e suicida do Sr. Negreira

Conde de Fenosa: outro revés á estratexia procesual errática e suicida do Sr. Negreira

A Coruña, 3 de febreiro de 2015.- En auto de 29 de xaneiro de 2015, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza non só denega a suspensión da execución da sentenza do edificio Conde de Fenosa solicitada polo Goberno Local, senón que ademais lle exixe que no prazo de seis meses ten que estar redactado e aprobado o proxecto técnico dos traballos de demolición das obras de rehabilitación do edificio necesarios para executar a sentenza. E ademais obrígalle a informar mensualmente das actuacións realizadas en orde a executar a sentenza.

O Goberno Local sufre outro revés na súa estratexia procesual errática e suicida que non aplica noutros casos, dado que pretendía adiar de novo sen amparo legal a execución da sentenza. Non só non o consegue senón que ademais agora ten que entregar no prazo de seis meses o proxecto técnico.

O auto no que se desestima a solicitude é contundente. Nel afírmase que o Concello da Coruña na súa solicitude“no invoca precepto alguno que la ampare, y no consta siquiera que el Tribunal Constitucional haya admitido a trámite el recurso ante él interpuesto”.

Conde de Fenosa: outro revés á estratexia procesual errática e suicida do Sr. Negreira