Carril e membros da candidatura chegan en bici ao acto da Gaiteira para reivindicar o seu uso

Carril e membros da candidatura chegan en bici ao acto da Gaiteira para reivindicar o seu uso

web 1A Coruña, 19 de maio de 2015- O cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas, Xosé Manuel Carril, acompañado de membros de candidatura e simpatizantes do BNG, farán a súa chegada en bicicleta ao acto público convocado para esta tarde na Gaiteira. Deste maneira simbólica, o BNG-Asembleas Abertas quere reivindicar outros medios de transporte alternativos ao uso do vehículo privado.

Neste sentido, o BNG-Asembleas Abertas favorecerá o transporte individual brando para os desprazamentos interurbanos e comarcais, mediante o trazado de roteiros interurbanos amplos e útiles que promovan a mobilidade, adecuando o transporte público colectivo por estrada para levar bicicletas. Neste sentido, crearase unha rede de carril bici –ou ciclo vías- ampla e útil que permita percorrer toda a cidade, coas súas correspondentes zonas de estacionamento públicos.

web 2Ademais, o BNG-Asembleas Abertas priorizará en toda a cidade o uso da bicicleta e do autobús fronte a outros vehículos, incluíndo medidas como a limitación de velocidade de circulación para que poidan convivir en pé de igualdade bicis e peóns.

Precisamente, a iniciativa da veciñanza de Oza, A Gaiteira e Os Castros, o programa do BNG-Asembleas Abertas recolle a ampliación do carril bici ao longo da cidade e, principalmente como posíbeis zonas: avenida de Oza, Catro Camiños, a estrada do Porto e a zona dos Castros e de Oza. A veciñanza deste barrio tamén lle propuxo ao BNG-Asembleas Abertas a mellora do acceso a pé ou en bicicleta até a praia de Oza, até o campus universitario de Oza e até o Hospital.

O BNG-Asembleas Abertas avoga polo dereito á mobilidade

O BNG-Asembleas Abertas avoga no programa electoral polo dereito á mobilidade a través dun conxunto de medios públicos, sustentábeis e sen ánimo de lucro, de maneira que se garanta a comunicación e os desprazamentos só desde a rendibilidade social. De aí que promova, entre moitas outras actuacións, a revisión da concesión da Compañía de Tranvías, o transporte marítimo ou o tren de proximidade, amais de priorizar a mobilidade peonil.

Carril e membros da candidatura chegan en bici ao acto da Gaiteira para reivindicar o seu uso