Bravo advirte de que Servizos Sociais reducirá un 37% as persoas usuarias de teleasistencia

Bravo advirte de que Servizos Sociais reducirá un 37% as persoas usuarias de teleasistencia

A Coruña, 16 de xullo de 2013.- A concelleira do BNG María Xosé Bravo denuncia a merma do servizo de teleasistencia, que este ano atenderá o 37% de persoas menos que nos anos anteriores. A edila nacionalista pon de manifesto que o Goberno municipal vén de sacar a adxudicación do servizo de teleasistencia por 245.063 euros, cando a anterior adxudicación, de 2010, contaba cun orzamento de 380.000 euros. Así, no 2010, o servizo foille adxudicado á Cruz Vermella a 20 euros por persoa e mes, o que significa que máis de 1500 persoas poderían recibir este servizo. E agora, a adxudicación contempla 950 persoas, un 37% menos de usuarios respecto dos anos anteriores, advirte a concelleira do BNG.

María Xosé Bravo expón que da memoria da xestión dos Servizos Sociais se conclúe que o número de persoas usuarias da teleasistencia tende a incrementarse. E é que as persoas usuarias pasaron de 954 en 2011 a 1.039 en 2012. “Isto significa que o Goberno do Sr. Negreira vai adxudicar un servizo para o ano 2014, cun orzamento un 36% inferior e nun que ano a ano vai incrementando o número de persoas usuarias”, denuncia a nacionalista, quen sinala que “só cos datos do ano pasado terían que quitarlle ese servizo a 86 persoas”.

Bravo advirte de que Servizos Sociais reducirá un 37% as persoas usuarias de teleasistencia