O BNG solicita que se arranxe o parque da praza da Tolerancia

O BNG solicita que se arranxe o parque da praza da Tolerancia

A Coruña, 28 decembro de 2014- A instancias da veciñanza de Labañou e de Cidade Escolar, o Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha pregunta para a resposta escrita para interrogar o Goberno do Sr. Negreira sobre o estado de abandono en que se atopa o parque situado na praza da Tolerancia. As nacionalistas advirten nesta iniciativa de que a deficiente condición do chan provoca que se creen pozas de auga cada vez que chove, ao igual que acontece na praza do mercado de Monte Alto –tantas veces denunciado polo BNG.

Ademais, o Grupo Municipal do BNG sinala na iniciativa que as fontes desta praza están descoidadas e os xogos das crianzas estráganse de maneira constante. Tamén se fai eco o Bloque da petición das familias para que se levante un peche no perímetro da zona de xogos infantís.

Así, froito do contacto constante que as nacionalistas manteñen coas entidades veciñais dos barrios, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira se ten coñecemento do estado en que se atopa o parque da Praza da Tolerancia e cando prevé amañalo, respondendo deste xeito ás demandas dos veciños e veciñas.

O BNG solicita que se arranxe o parque da praza da Tolerancia