O BNG reclama no Parlamento de Galiza unh@ fisioterapeuta para o CEE María Mariño

O BNG reclama no Parlamento de Galiza unh@ fisioterapeuta para o CEE María Mariño

A Coruña, 23 de xaneiro de 2014.- O BNG, a través dos deputados Francisco Jorquera e Cosme Pombo, vén de rexistrar unha batería de iniciativas (proposición non de lei, preguntas orais e escritas e interpelación) para que a Consellaría de Educación dote o CEE María Mariño da atención dun ou dunha fisioterapeuta para atender o alumnado con diversidade funcional. Ao BNG resúltalle insuficiente a decisión da Xunta de Galiza de dotar o centro cun ou cunha fisioterapeuta, que sería compartido con Ferrol, tan só dous días á semana.

Nas iniciativas, o Grupo Parlamentar do BNG faise eco das denuncias públicas da AMPA do centro pola grave discriminación que sofren ao non dispoñer dun ou dunha fisioterapeuta, servizo do que dispoñen outros centros similares. Neste sentido, os deputados do Bloque fan fincapé en que o alumnado con diversidade funcional precisa dunhas atencións mínimas, e básicas, para o seu desenvolvemento psicomotor e autonomía persoal. De feito, moitos dos 60 alumnos e alumnas do centro contan cun informe médico en que consta a necesidade de tratamento de fisioterapia.

O BNG pon de manifesto que é imprescindíbel a presenza dun profesional de fisioterapia no CEE María Mariña por entender que melloraría substancialmente a atención educativa do alumnado a través dunha terapia física que permitiría aumentar a mobilidade, así como evitar unha maior discapacidade do mesmo.

O BNG reclama no Parlamento de Galiza unh@ fisioterapeuta para o CEE María Mariño