O BNG recibe a Elvira Varela, homenaxeada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica

O BNG recibe a Elvira Varela, homenaxeada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica

A Coruña, 10 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG, representado polo portavoz, Xosé Manuel Carril e polas concelleiras María Xosé Bravo e Avia Veira, recibiu hoxe, xunto ás outras formacións da oposición, a Elvira Varela Bao, homenaxeada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, despois de ser acollida polo alcalde da Coruña. Precisamente, as nacionalistas levaron ao Pleno do pasado luns un rogo oral para que o Concello da Coruña lle dedique unha rúa a Elvira Bao Maceiras, nai da homenaxeada, mestra militante do Partido Galeguista e membro das Irmandades da Fala.

O Grupo Municipal do BNG denuncia que o alcalde lles negou ás formacións da Corporación municipais un espazo en María Pita para se reuniren as representantes do PSOE, EU-Os Verdes e BNG con Elvira Varela Bao. Foron as propias nacionalistas quen se puxeron en contacto co Goberno municipal para solicitarlle calquera salón do concello. O BNG lamenta que o Sr. Negreira se crea o propietario de María Pita e lémbralle que o concello é do pobo, e non do Partido Popular.