O BNG pregúntase se o Goberno municipal necesita da fundación Cruyff para facer un campo de fútbol

O BNG pregúntase se o Goberno municipal necesita da fundación Cruyff para facer un campo de fútbol

A Coruña, 18 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG pregúntase se o Goberno do Sr. Negreira necesita pactar coa Fundación Cruyff para construír un campo de fútbol en Novo Mesoiro (barrio moi necesitado de infraestruturas) visto o custo que asumen Concello (ao redor do 80%) e Fundación (ao redor do 20%).

Segundo a aprobación esta mañá pola Xunta de Goberno Local do convenio de colaboración coa Fundación Johan Cruyff para a construción dun campo de fútbol, o Concello terá que asumir a redacción do proxecto básico de execución (5.800,74 euros) a disposición dos terreos en Novo Mesoiro, a construción do campo pola súa conta e risco axustándose aos parámetros técnicos do modelo destas instalacións (119.985,69 euros) e mais o mantemento do campo. Pola súa banda, correspóndelle á Fundación Cruyff subministrar e instalar pola súa conta e risco o céspede artificial, valorado en 30.000 euros.

Á vista das cifras, o Grupo Municipal do BNG cuestiona o sinalado no informe-proposta da aprobación do convenio, cando se di que “la colaboración ofertada resulta ventajosa para el Ayuntamiento, y de modo especial a nivel económico”. Non lles parece moi vantaxoso ás nacionalistas que a Fundación Cruyff poña só 30.000 euros, mentres que o Concello porá 119.985,69, máis 5.800,74 da redacción do proxecto, máis o seguro das instalacións e mais o mantemento e conservación do campo. Ademais, segundo o convenio, o Concello comprométese a celebrar un mínimo de tres actividades anuais deportivas neste campo de fútbol e o espazo chamarase “Cruyff Court A Coruña”, con toda a rotulación a favor da fundación.

O BNG pregúntase se o Goberno municipal necesita da fundación Cruyff para facer un campo de fútbol