O BNG organiza un acto para denunciar o espolio enerxético de Galiza

O BNG organiza un acto para denunciar o espolio enerxético de Galiza

CartazA Coruña, 23 outubro de 2014- O BNG da Coruña organiza mañá, venres, un acto para denunciar os abusos das compañías eléctricas e mais o espolio enerxético que sofre Galiza. A actividade organizada polo Bloque e polo proxecto comunicativo de base da comarca do Umia O Quinteiro, que terá lugar ás 20h no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16), consistirá na proxección do documental A-pagar a luz e mais nunha mesa redonda na que intervirán Adrián Dios, economista e membro da Executiva Nacional do BNG, Antón Seoane, ex traballador da Red Eléctrica Española, amais dos autores do filme.

O documental pon de manifesto que as continuas subas do prezo da luz fronte ao incalculábel potencial produtor de Galiza representan unha das principais situacións de afogamento económico que se poden constatar hoxe en día. Afonda, tamén, na análise do sector, nas súas contradicións, desequilibrios, peculiaridades e, nomeadamente, en alternativas posíbeis e reais.

O BNG organiza un acto para denunciar o espolio enerxético de Galiza