O BNG leva a campaña do Día da Patria aos Mallos

O BNG leva a campaña do Día da Patria aos Mallos

A Coruña, 8 de xullo de 2013.- O BNG da Coruña comeza mañá, martes, a campaña polo Día da Patria, que levará as nacionalistas aos distintos barrios da cidade. Trátase dunha campaña coa que as nacionalistas lles darán voz ás persoas representativas de ámbitos sinaladamente afectados pola crise. Baixo o lema “Galiza pola soberanía”, o BNG explicará como sermos soberanas para non acabar abocadas á emigración e para ter futuro e postos de traballo e dignos na nosa terra.

Así, a partir das 20h, na rúa Ángel Senra, no barrio dos Mallos, o BNG convoca unha asemblea aberta centrada no desemprego, que afecta 23.318 persoas na nosa cidade. O acto, aberto a todo o público, contará coas intervencións de Duarte Abad, da Asemblea de Desempregad@s da CIG, de Águeda Rei, responsábel do grupo de barrio do BNG dos Mallos, e de Avia Veira, concelleira do BNG.

 

O BNG leva a campaña do Día da Patria aos Mallos