O BNG lamenta a insistencia do Goberno local en sacar adiante a feira taurina

O BNG lamenta a insistencia do Goberno local en sacar adiante a feira taurina

A Coruña, 25 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG lamenta a insistencia do Goberno Local en sacar adiante a feira taurina xa que hoxe aparece novamente no perfil do contratante os pregos que regulan a licitación para a adxudicación do contrato para a organización e explotación da feria taurina. Trátase dun evento que non ten ningún interese cultural pois é un “espectáculo” violento e sanguento que nada ten a ver coa tradición cultural de Galiza, nin ten sustento social, pois cada vez a rexeitan máis cidadás e cidadáns.

As nacionalistas pídenlle ao Goberno Municipal que non volvan a subsidiar, nin directa nin indirectamente con cartos públicos actividades destas características no Concello da Coruña.

 

O BNG lamenta a insistencia do Goberno local en sacar adiante a feira taurina