O BNG insta o Goberno a facer público o documento do PEPRI enviado a Patrimonio

O BNG insta o Goberno a facer público o documento do PEPRI enviado a Patrimonio

A Coruña, 14 de outubro de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego insta o Goberno Local a que faga público o documento do PEPRI enviado á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural o pasado mes de xullo e por tanto solicítalle ao Goberno Municipal que o colgue na páxina web de urbanismo.

O informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural sobre a revisión e adaptación do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescaría de 29 de agosto recolle nos antecedentes que o 4 de xullo deu entrada no rexistro da Consellaría de Cultura da Coruña escrito do Concello da Coruña remitindo a documentación de referencia para o seu informe unha vez incorporadas unha serie de modificacións derivadas dos informes sectoriais e das alegacións recibidas polo Concello. Tamén repara que o 11 de xullo o Concello da Coruña remitiu unha separata con correccións ao documento para aprobación provisional.

Desta maneira o informe de Patrimono faise sobre a documentación remitida en xullo deste ano polo Concello da Coruña, a cal inclúe as modificacións feitas ao PEPRI tras os informes sectoriais e as alegacións, e por tanto non é a mesma documentación que se someteu a exposición pública tras a súa aprobación inicial, razón pola que as nacionalistas instan o Goberno Local a que colgue da páxina web de urbanismo a documentación do PEPRI que foi remitida a Patrimonio durante o mes de xullo.

O BNG insta o Goberno a facer público o documento do PEPRI enviado a Patrimonio