O BNG exíxelle ao Goberno local que resolva os graves problemas de seguridade na praza das Conchiñas

O BNG exíxelle ao Goberno local que resolva os graves problemas de seguridade na praza das Conchiñas

ALTURA APARCADOIROA Coruña, 21 de abril de 2015.- O Grupo Municipal do BNG anuncia a presentación dun rogo para emprazar o Goberno do Sr. Negreira a resolver, de inmediato, os graves problemas de seguridade na praza das Conchiñas, recentemente inaugurada. As eivas detectadas polo Bloque implican risco de caídas e de golpes para os pequenos e pequenas que frecuentan a zona infantil de xogos.

PUNZANTEEn primeiro lugar, as nacionalistas alertan da altura de máis de tres metros que hai entre a baixada para vehículos ao aparcadoiro e a zona verde. Isto representa un gran perigo ao non conter a zona de herba ningún tipo de protección. A este respecto, lembran que a veciñanza, unha vez tivo coñecemento do deseño da praza, demandaba plantar arbustos aromáticos que puidese separar a zona verde da costa de baixada ao aparcadoiro.

Ademais, o BNG denuncia a existencia de marxes punzantes tanto nos bancos rectangulares de pedra como na mampara acristalada que hai sobre a bancada no perímetro da zona infantil de xogos.

O BNG exíxelle ao Goberno local que resolva os graves problemas de seguridade na praza das Conchiñas