O BNG exixe no Congreso a investigación da vertedura de hidrocarburos na ría

O BNG exixe no Congreso a investigación da vertedura de hidrocarburos na ría

Rosana PérezMadrid, 9 de marzo de 2015.- A deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou esta mañá unha pregunta dirixida ao Goberno para demandarlle que investigue o vertido de hidrocarburos que afectou á Ría de O Burgo hai uns días e que obrigou á Xunta a pechar ao marisqueo toda a ría coruñesa desde a Torre de Hércules até Mera.

“Coñece o Ministerio de Medio Ambiente o último vertido contaminante producido na Ría de O Burgo? Está a investigar o Seprona a procedencia deste brote contaminante? É consciente dos prexuizos económicos e medioambientais que este tipode contaminacións está a provocar sobre a riqueza marisqueira e o ecosistema dunha ría de grande valor?”, son algunas das preguntas que a deputada do BNG formula ao Goberno.

Rosana Pérez explica que esta ría foi vítima de moitos episodios contaminantes que “sempre quedan en nada”. E “ademáis das nefastas consecuencias medioambientais sobre unha ría moi deteriorada, que leva anos agardando a que o Goberno central e o galego se poñan dacordo para proceder á urxente labor de limpeza e rexeneración, hai que lamentar os negativos efectos sobre a actividade marisqueira”.

Un abandono total

A deputada do BNG pón de manifesto que os mariscadores de A Coruña “non puideron traballar nin siquera un mes seguido desde que a mediados de febreiro se decretase a prohibición da actividade extractiva durante quince días debido á presenza da toxina paralizante, lipofílica e amnésica”.

Agora as últimas análises conclúen outro brote contaminante pero de hidrocarburos “que podería proceder dun sentinazo ou de fóra da ría. Non é a primeira vez que suceden este tipo de episodios contaminantes e deberían terse adoptado medidas preventivas”.

A parlamentar nacionalista demanda ao Goberno que investigue a procedencia do vertido e que incremente a vixianza e o control para evitar que se repita. “Asemade, consideramos urxente que ambas Administracións competentes se poñan máns á obra e executen o plan de rexeneración e limpeza da Ría de O Burgo”. Durante anos, salienta, e a iniciativa do BNG, incluíronse partidas nos Orzamentos estatais que nunca se executaron. “Durante anos demandamos ao distintos Gobernos a sinatura dun Convenio para proceder canto antes á urxente rexeneración “dunha ría de grande riqueza marisqueira, pero só se deixou pasar o tempo. E as Administracións implicadas se adicaron a pasarse a pelota”.

Agora, lamenta, “estamos nun punto no que o Goberno central nin siquera incluíu unha partida nos Orzamentos 2015 para a limpeza da ría, a pesar de que está en xogo unha economía, un ecosistema, a actividade marisqueira e o medio ambiente dunha ría de grande valor”.

Razón pola que pregunta ao Goberno se “xa tirou a toalla con este tema”.

O BNG exixe no Congreso a investigación da vertedura de hidrocarburos na ría