O BNG empraza o Goberno a resolver o problema de accesibilidade da marquesiña de Palavea

O BNG empraza o Goberno a resolver o problema de accesibilidade da marquesiña de Palavea

A Coruña, 14 de marzo de 2015- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha pregunta para resposta escrita sobre os problemas de accesibilidade que representa unha marquesiña de Palavea. Esta marquesiña do autobús urbano –que se atopa en sentido saída da Coruña- é totalmente inaccesíbel para as persoas con mobilidade reducida. De feito, a marquesiña está pechada ao paso de cadeiras de rodas: dun lado ten un muppie e polo outro lado ten un farol.

As nacionalistas advirten de que o resultado é que as persoas con mobilidade reducida que se teñen que desprazar en cadeira de rodas ou mesmo os carros de bebé non poden acceder, resgardarse nin agardar o autobús dentro da marquesiña. Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira se é coñecedor desta marquesiña e que medidas vai adoptar para que esta marquesiña sexa accesíbel para todas as persoas, tamén para as persoas con mobilidade reducida.

Precisamente, na recente visita da caravana de #TodasAsCoruñas a Palavea, o cabeza de lista e portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, gravou uns vídeos que subiu ás súas redes sociais nos que se demostra que as persoas con mobilidade reducida non poden acceder ás marquesiñas. Unha das propostas da veciñanza de Palavea recollidas polo BNG-Asembleas Abertas ten a ver coa mellora das marquesiñas. Os vídeos ponde verse nas seguintes ligazóns:

https://www.facebook.com/video.php?v=827340857332551&pnref=story

https://www.facebook.com/video.php?v=827341073999196&pnref=story

O BNG empraza o Goberno a resolver o problema de accesibilidade da marquesiña de Palavea