O BNG denuncia que os refugallos rebordan os colectores de papel de Labañou e Cidade Escolar

O BNG denuncia que os refugallos rebordan os colectores de papel de Labañou e Cidade Escolar

A Coruña, 3 de xullo de 2014- A través da información de veciños e veciñas, o Grupo Municipal do BNG denuncia que os colectores de papel e cartón que hai en Labañou e Cidade Escolar están ateigados de refugallos, até o punto de que botan por fóra. Este problema aféctalles ás rúas Pepín Rivero, Gran Canaria, Arxentina ou Archer Milton. En varios casos, mesmo hai planchas de cartón e sacos de papel ao pé dos colectores.

Neste contexto, as nacionalistas pregúntanlle ao Goberno municipal se existe algún problema coa empresa concesionaria e por que non se está a recoller o papel e mais o cartón. Ademais, o BNG exíxelle premura ao Goberno do Sr. Negreira para resolver as molestias á veciñanza derivadas da non recollida do papel e do cartón.

O BNG denuncia que os refugallos rebordan os colectores de papel de Labañou e Cidade Escolar