O BNG considera unha barbaridade o gasto desmedido en festas

O BNG considera unha barbaridade o gasto desmedido en festas

festasA Coruña, 1 de agosto de 2014- Coincidindo co pregón que abren as festas de María Pita, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto a barbaridade que supón o gasto desmedido do Goberno do Sr. Negreira en festas. A Conta Xeral de 2013 revela que o pasado ano, só o IMCE gastou 3.560.130 euros en festas. A esta cantidade, habería que sumarlles os cartos que destinan ás distintas festividades organismos como o Consorcio para a Promoción da Música, a Banda de Música, a Escola Municipal da Música..., e Concellarías como a de Turismo, a de Medio Ambiente ou a propia Alcaldía.

O Grupo Municipal do BNG denuncia o incremento progresivo do total de gastos do IMCE desde que goberna o Partido Popular e en coincidencia coa crise. Mentres no 2011, último ano do anterior goberno, se gastaron 4,76 millóns, o PP gastou 5.220.000 euros no 2012 e 6.554.281 no 2013. Segundo os datos da Conta Xeral, un 60% (3.560.130 euros) destes 6.554.281 corresponden cos gastos en festas, perto dun 22% con gastos en Cultura e perto doutro 22% con gastos xerais administrativos, como persoal, gastos fixos, materiais...

 

O orzamento en festas é maior que no mandato anterior

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG considera lamentábel que nun contexto de crise como o que se vive na cidade, en que se destruíron 5.100 postos de traballo respecto do ano anterior, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA), o Goberno do Sr. Negreira alardee do gasto en festas. Nunha recente entrevista, a concelleira de Cultura sinalaba que “o orzamento en festas é maior que no mandato anterior” e xustificábao dicindo que se fan “máis cousas”.

O BNG considera unha barbaridade o gasto desmedido en festas