O BNG aposta por levar ás bibliotecas os computadores da exposición desmantelada de Smart City

Exposición de Smart City desmantelada
O BNG aposta por levar ás bibliotecas os computadores da exposición desmantelada de Smart City

Exposición de Smart City desmantelada

A Coruña, 20 de abril de 2015.- O Grupo Municipal do BNG anuncia a presentación dun rogo co fin de que o Goberno do Sr. Negreira substitúa os computadores obsoletos das bibliotecas municipais polos computadores da exposición desmantelada sobre a Smart City. Esta mostra contaba con numeroso recursos tecnolóxicos de última xeración que poden remprazar os equipos lentos e ineficientes a disposición das persoas usuarias da biblioteca.

Precisamente, o BNG denunciara que o Sr. Negreira elixira a biblioteca de Durán Loriga para acubillar a exposición sobre a Smart City cando computadores desta biblioteca levaban máis dun mes estragados.

Na súa aposta por unha cidade con persoas intelixentes fronte o proxecto baleiro de contido da Smart City, o BNG-AA comprométese a dotar dun maior investimento e dos recursos necesarios ás bibliotecas, tanto para compra de computadores e de libros, como para o desenvolvemento das actividades.

 

O BNG aposta por levar ás bibliotecas os computadores da exposición desmantelada de Smart City