O BNG advirte dun alto nivel de contaminación nos Castros durante a mañá do domingo

O BNG advirte dun alto nivel de contaminación nos Castros durante a mañá do domingo

A Coruña, 10 novembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG faise eco do alto nivel de emisión de partículas en suspensión (PM10) no porto da Coruña durante a mañá do día de onte, cando se chegaron a rexistrar 265 µg/m³ de PM10. Advirten as nacionalistas de que se trata de algo inusual, pois onte foi domingo, día non laborábel, e ademais choveu. Estes dous factores terían que provocar que a emisión de partículas en suspensión fose menor, de aí que se pregunten que puido acontecer onte no porto.

Segundo os datos medio ambientais da Autoridade Portuaria, ás 8h rexistrábanse 110 µg/m³, cantidade que aumentaba a 178 µg/m³ ás 10h e que se dispara ás 265 µg/m³ ás 11h. Lembran as nacionalistas que o Real Decreto 102/2011, relativo á mellora da calidade do aire, estabelece que non poden superarse os 50 µg/m³ de media diaria en máis de 35 veces ao ano.

Unha vez máis, o Grupo Municipal do BNG exixe que o Goberno do Sr. Negreira adopte medidas diante dos episodios de contaminación que se producen no barrio dos Castros e que provocan afeccións respiratorias na veciñanza. Precisamente, o Bloque vai levar as descargas no porto da Coruña ao Parlamento europeo a través da súa representante en Europa, Ana Miranda, quen se ten reunido coa AVV Oza-A Gaiteira-Os Castros.

O BNG advirte dun alto nivel de contaminación nos Castros durante a mañá do domingo