O BNG advirte da redución de participantes en programas escolares

O BNG advirte da redución de participantes en programas escolares

A Coruña, 4 de xullo de 2014- No día, en que a Xunta de Goberno Local, reunida de xeito extraordinario, aprobou o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Asociación de Nais e Pais, o Grupo Municipal do BNG considera que o Goberno do Sr. Negreira non pode alardear deste acordo tendo en conta a diminución no número de participantes nos programas educativos, que foi caendo de xeito paulatino desde os 127.658 alumnos e alumnas de 2011 aos 34.634 de 2013.

Estas cifras, recollidas na memoria de xestión da Concellaría de Educación, poñen de manifesto unha caída de case o 70% de alumnado participante no curso anterior: foron menos os centros, os grupos e os alumnos e alumnas participantes en “Coruña no teatro” e tamén foron menos os alumnos e alumnas participantes no “Deporte no centro”. Ademais, no programa de ocio educativo Luditarde, que foi un referente nesta cidade até a chegada do PP ao Goberno, caeron o número de participantes de 1.118 a 581.

O BNG tamén denuncia que desde que goberna o Sr. Negreira a porcentaxe de execución do orzamento en programas educativos só fixo diminuír.

O BNG advirte da redución de participantes en programas escolares