O BNG acode a limpar a ría do Burgo para reivindicar a rexeneración

Limpeza autororganizada pola Plataforma e entidades sociais en 2014
O BNG acode a limpar a ría do Burgo para reivindicar a rexeneración

A Coruña, 3 de febreiro de 2013.- Como membro fundador da Plataforma en Defensa da Ría do Burgo, o BNG acudiu esta mañá á xornada reivindicativa de limpeza da ría, na que participaron entre outros, Xosé Manuel Carril, portavoz no Concello da Coruña, María Xosé Bravo, concelleira, e Carlos Aymerich, deputado no Parlamento de Galiza. Con esta actividade reivindicativa, os nacionalistas chamaron a atención sobre a situación que padece a ría, completamente abandonada polas Administracións. De feito, por segundo exercicio orzamentario consecutivo, o Goberno central non dedicou nin unha partida dos orzamentos xerais ao saneamento da ría e a Xunta de Galiza segue sen executar os cartos consignados para o dragado de lodos. A falta de compromiso do PP co sector tamén levou o Goberno municipal da Coruña a tombar canta moción presentou o BNG a instancias da Confraría de Pescadores e da propia plataforma para a rexeneración da ría.

O BNG segue a reclamar compromisos firmes tanto do Goberno central como da Xunta de Galiza con actuacións calendarizadas publicadas tanto no BOE como no DOG. Só así se evitaría que as eternas promesas sobre a ría do Burgo sigan ficando en saco roto. Para os nacionalistas, a limpeza integral da ría ten que ser unha prioridade no Concello da Coruña e na comarca de cara á creación de centos de postos de traballos directos e indirectos. O BNG insiste en promover o impulso dos sectores produtivos da cidade e da comarca para facer da Coruña motor de desenvolvemento social e económico.

O BNG acode a limpar a ría do Burgo para reivindicar a rexeneración