O Bloque Nacionalista Galego califica o Goberno de “cutre” nas súas respostas ás preguntas escritas

O Bloque Nacionalista Galego califica o Goberno de “cutre” nas súas respostas ás preguntas escritas

A Coruña, 16 de marzo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG, que rexistrara dúas iniciativas para deitar luz sobre a xestión da Canceira Municipal, acusa ao Goberno local de “agarrado” á hora de dar datos sobre a adopción e o sacrificios realizados na Canceira Municipal.

O Bloque Nacionalista Galego preguntáballe ao Goberno do Sr. Negreira datos relativos á Canceira Municipal: cantos animais foron adoptados, cantos animais foron sacrificados, cantas recollas de animais se realizaron, cantos animais recollidos posuían microchip e cal era porcentaxe sobre o total de animais recollidos, cantos gatos de colonias de rúa foron recollidos e cantos gatos de colonias de rúa foron sacrificados en 2011, 2012 e 2013.

O Goberno do Sr. Negreira limítase a citar a Memoria de Xestión Anual para evitar respondernos as preguntas escritas relativas á Canceira Municipal

A resposta do Goberno do Sr. Negreira, sinalan as nacionalistas, limitouse a remitirse á Memoria Anual de Xestión obviando que este documento non recolle toda a información solicitada polo Bloque Nacionalista Galego, que teñen a obriga de facilitar, e que a de 2013 aínda non está aprobada, e polo tanto, non é posíbel acceder a eses datos que din están recollidos no documento da memoria anual.

Cando reclamamos transparencia, non nos referimos ao dereito de acceso á información das concelleiras senón do conxunto do pobo coruñés

Por outra banda, no que se refire á transparencia, o Grupo Municipal do BNG salienta que cando na súa pregunta reclama transparencia non se refire ao dereito de acceso á información das concelleiras nacionalistas, senón do conxunto do pobo coruñés e de que o Goberno Municipal debe de facer públicos estes datos así como un rexistro de animais adoptados nos seus medios, por exemplo, na páxina web do Servizo de Recollida e Adopción de Animais.

O Bloque Nacionalista Galego califica o Goberno de “cutre” nas súas respostas ás preguntas escritas