A austeridade e privatizacións do PP son as causas do empobrecemento e da suba dos roubos

A austeridade e privatizacións do PP son as causas do empobrecemento e da suba dos roubos

A Coruña, a 24 de agosto de 2014. O Grupo Municipal do BNG denuncia que a famosa austeridade do Partido Popular e a súa privatización de servizos públicos (tamén no que ten a ver coa seguridade pública) son as causas do empobrecemento e mais do aumento dos delitos contra a propiedade que estamos a padecer na cidade da Coruña. O Bloque advirte de que a seguridade pública está a verse cada vez máis reducida e que o Partido Popular refórzaa só para reprimir as mobilizacións sociais contra as políticas de empobrecemento e de recortes que practica o partido do Sr. Negreira alí onde goberna. De feito, segundo puido saber o BNG, estes días persoas que participaron en protestas contra as políticas antisociais do PP están a recibir notificacións de sancións económicas nos seus domicilios.

Ademais, o Grupo Municipal do BNG sinala que este adelgazamento da seguridade pública está a ser suplido por un incremento espectacular do número de vixilantes de empresas privadas de seguridade, que cobran polos seus servizos. Así, o PP fomenta que haxa cada vez menos seguridade pública e máis axentes privados.

Por último, as nacionalistas denuncian que a vaga privatizadora do Partido Popular e o empobrecemento derivado das políticas do PP son as que causan un incremento dos delitos contra a propiedade.

A austeridade e privatizacións do PP son as causas do empobrecemento e da suba dos roubos