A aposta do PP polas festas merma a actividade cultural do Concello

A aposta do PP polas festas merma a actividade cultural do Concello

A Coruña, 21 de xuño de 2014.- O Grupo Municipal do BNG sinala que datos aos que tivo acceso recentemente sobre o número de visitas a museos e exposicións, asistencia ás actividades na Ágora... durante o ano 2013 veñen a confirmar o denunciado polas nacionalistas, e é que datos confirman que a aposta polas festas da Concellaría de Cultura do Partido Popular merma significativamente a actividade cultural do concello, sendo esta máis cativa que nunca.

As exposicións son reducidas a metade nas salas municipais e cun total esquencemento e ocultación dos artistas plásticos da cidade, repercutindo de xeito moi negativo na necesaria visibilidade e posta en valor do talento dos artistas da Coruña.

Os asistentes ás actividades na Ágora tamén baixaron cáseque un 19% pasando de 61.197 persoas en 2012 (estivo aberto 11 meses) a 54.347 persoas en 2013.

Os datos do número de visitas á Torre de Hércules son nefastos

As nacionalistas tamén sinalan que recentemente tiveron acceso a datos de 2013 sobre o número de visitas á Torre de Hércules e estes non reflicten a propaganda que desde o Goberno Local se emite continuamente.

A aposta do PP polas festas merma a actividade cultural do Concello