O alcalde inaugura o xardín dunha escola privada cando non hai ningunha nova escola pública

O alcalde inaugura o xardín dunha escola privada cando non hai ningunha nova escola pública

A Coruña, 8 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG considera lamentábel que o único que teña que ofrecer o Sr. Negreira en materia de educación sexa a inauguración do xardín dunha escola infantil privada, dependente da obra social de Abanca, cando seguimos sen saber nada das promesas das tres novas escolas infantís para este ano –a do Plan Educa3, a da Sardiñeira e a do convenio coa Fundación Amancio Ortega-, nin da escola infantil da Agra do Orzán nin das ampliacións prometidas para as escolas de Novo Mesoiro e dos Rosales.

As nacionalistas acusan o PP de non facer nada nestes tres anos pola educación dos máis pequenos malia recoller no programa a promesa da construción de oito novas escolas infantís. O balance, polo de agora, non pode ser peor: o Concello da Coruña non construíu nin unha soa nova escola pública a día de hoxe.

O alcalde inaugura o xardín dunha escola privada cando non hai ningunha nova escola pública