GLOBALIZACIÓN

Xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio”

Portada do programa da xornada "Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio"
Portada do programa da xornada "Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio"

Animamos a participar da xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio” que terá lugar mañá no Paraninfo da Universidade da Coruña

A xornada, organizada pola Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters, é unha oportunidade única  para que a xente coñeza os efectos na Galiza e aos pobos de Europa destes tratados e o seu impacto en vindeiros anos

Xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio”

Vimos de animar á veciñanza da Coruña a participar da xornada “Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio” que terá lugar mañá, ao longo de todo o día, no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Programa da xornada

Esta xornada, organizada pola Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters, e nas que colabora a propia Universidade da Coruña, se desenvolverá a partir das 10.30 h da mañá, e na mesma se realizarán seis actividades que contarán con distintos representantes de organizacións políticas internacionais, desde o Estado español, Europa e mesmo latinoamericanas e africanas, e participarán expertos universitarios que darán a súa visión sobre o proceso globalizador que está a sufrir a economía mundial.

Neste sentido, esta xornada é unha oportunidade única  para que a xente coñeza os efectos e ao impacto que en vindeiros anos poden chegar a ter estes tratados na Galiza e aos distintos pobos de Europa, constituíndose como unha visión real sobre a destrución do Estado do Benestar, o saqueo de recursos, a importancia capital da soberanía dos pobos e as alternativas que desde as nacións sen estado se poden artellar contra este proceso de  globalización.

A Coruña, 30 de xuño de 2017.