ESTACIÓN DE AUTOBUSES

Vulneración de dereitos laborais nunha obras para a Concellaría de Mobilidade

Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros
Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros

Tamén interesámonos pola denuncia efectuada sobre as condicións laborais nas obras de acondicionamento da estación de autobuses

Presentamos unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno ordinario para que o Goberno municipal aclare que medidas tomará despois das sendas denuncias efectuadas diante da Inspección de Traballo

Neste mandato non é a primeira vez que o Grupo Municipal do BNG se dirixe ao Goberno municipal notificándolle graves incumprimentos en materia de Seguridade Laboral por empresas que reciben contratas municipais. Queremos de vez que o Goberno municipal sexa vixilante coas empresas que contrata, faga seguimento das actuacións que estas levan a cabo e lles obrigue a cumprir escrupulosamente coa normativa en Prevención de Riscos Laborais, Saúde laboral e que cumpran cos dereitos das traballadoras e dos traballadores

Vulneración de dereitos laborais nunha obras para a Concellaría de Mobilidade

Sumámonos esta maña ás voces que demandan unha acción rápida por parte do Goberno municipal despois das denuncias efectuadas sobre as condición de traballo nas obras de acondicionamento na estación de autobuses.

Deste xeito, e a través dunha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno ordinario (podes velas premendo aquí), queremos que o Goberno municipal aclare que medidas tomará despois de sendas denuncias presentadas ante a Inspección de Traballo, asemade, se pensa adiantarse á actuación da propia Inspección paralizando a execución das obras.

E é que a denuncia, tal e como se informa en distintos medios de comunicación, e que afecta ás instalacións que acollerán dependencias da Concellaría de Mobilidade, recolle gravísimas deficiencias en materia de prevención de riscos laborais e de seguridade laboral, que mesmo pon en risco físico as persoas que están realizando as obras.

Asemade, tamén lembramos na nosa iniciativa, que non é a primeira que advertimos ao Executivo local de que contratas que desenvolven traballos ou servizos para a administración local incumpren gravemente normativas laborais, polo que instamos ao Goberno da Marea a tomar de xeito inmediato as medidas oportunas necesarias.

De feito, neste mandato non é a primeira vez que o noso Grupo Municipal se dirixe ao Goberno municipal notificándolle graves incumprimentos en materia de Seguridade Laboral por empresas que reciben contratas municipais. Queremos de vez que o Goberno municipal sexa vixilante coas empresas que contrata, faga seguimento das actuacións que estas levan a cabo e lles obrigue a cumprir escrupulosamente coa normativa en Prevención de Riscos Laborais, Saúde laboral e que cumpran cos dereitos das traballadoras e dos traballadores.

 

A Coruña, 3 de xaneiro de 2018.

Vulneración de dereitos laborais nunha obras para a Concellaría de Mobilidade