PLAN DE AXUSTE

Votamos a favor do modificativo M2/2017 para a cancelación do Plan de Axuste aprobado no mandato do PP

Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación
Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación

No seu día pensabamos que a aprobación deste Plan de Axuste sería un corsé que limitaría o investimento público e condicionaría a posteriores gobernos, ademais de consideralo, a aquela altura, inútil xa que logo críamos que o Concello tiña a capacidade económica suficiente para facer fronte aos pagos das facturas polas que se ‘xustificaba’ o plano. Librado o Concello desta lousa convidamos agora ao Goberno municipal a ser valente e aproveitar para, por exemplo, por en marcha unha empresa pública de xestión do transporte público municipal

Votamos a favor do modificativo M2/2017 para a cancelación do Plan de Axuste aprobado no mandato do PP

No pasado Pleno ordinario apoiamos a proposta de iniciar o expediente M2/2017 de concesión dun suplemento de crédito aos orzamentos 2017, o que supón poder dispor da autonomía económica suficiente como para poder realizar novos investimentos públicos e, polo tanto, abordar as políticas públicas aínda pendentes de realizar no mandato actual da Marea Atlántica.

Neste sentido, lembramos que cando se aprobou o Plan de Axuste foramos moi críticos xa que entendiamos que era consecuencia dunha pésima xestión do Partido Popular, ao se financiar obras que non lle correspondían, como era o caso do Parrote, asemade de considerar, a aquela altura, que o Concello tiña capacidade económica suficiente para facer fronte aos pago destas facturas sen o endebedamento, segundo as propias contas do Goberno municipal do Sr. Negreira e, porque tamén, as causas que determinaban aquelas facturas non se atallaban nese plano polo que os gastos seguirían a se xerar.

Así, sinalamos que aprobar este modificativo M2/2017 pode supoñer, sempre que o Executivo teña a intención de abordar de vez políticas públicas e de defensa das maiorías sociais, deixar atrás, por fin, o condicionar en que e en como hai que investir, desencorsetando o Concello como entidade que presta servizos públicos, e destinar no que verdadeiramente se necesita realizar o gasto público da Coruña.

No seu día pensabamos que a aprobación deste Plan de Axuste sería un corsé que limitaría o investimento público e condicionaría a posteriores gobernos, ademais de consideralo, a aquela altura, inútil xa que logo críamos que o Concello tiña a capacidade económica suficiente para facer fronte aos pagos das facturas polas que se ‘xustificaba’ o plano. Librado o Concello desta lousa convidamos agora ao Goberno municipal a ser valente e aproveitar para, por exemplo, por en marcha unha empresa pública de xestión do transporte público municipal.

A Coruña, 3 de xullo de 2017