PREGUNTA DE AVIA VEIRA QUE RECOLLE O ESPÍRITO DA MOCIÓN DE DEFENSA DO COMÚN

Que vai facer o Goberno Local para reverter a venda dos dous soares do Campo da Estrada?

FotoMaestranza
Os valados que agachan os soares de Defensa no Campo da Estrada
A concelleira do BNG Avia Veira quer saber que pensa facer o Goberno Local para "asegurar a devolución á cidade dos terreos do Campo da Estrada", após a "venda de dous soares por parte do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamentos de Defensa (INVIED)”.
Que vai facer o Goberno Local para reverter a venda dos dous soares do Campo da Estrada?

Ese é o núcleo da pregunta oral que Veira realizará ao Goberno Local no Pleno do Concello do próximo xoves 6F.

Coa pregunta o BNG traslada ao Pleno a inquietude que ten provocado na cidade a operación de venda dos dous soares da Maestranza, preocupación que ten levado o colectivo cidadá Comisión Aberta en Defensa do Común a dirixir aos distintos grupos municipais unha moción para a faceren súa.

Ao ter cuberto xa o cupo de mocións deste pleno, o BNG non vai poder levar a literalidade do texto de Defensa do Común a esta sesión plenaria, mais desde logo o seu leitmotiv, o espírito que anima esta iniciativa cidadá, si que vai estar presente na pregunta de Avia Veira.

A venda dos dous soares da Maestranza, do mesmo xeito que os atrancos que o antigo Ministerio de Fomento está a pór no proxecto da Intermodal, será tamén levada ao Congreso polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Que vai facer o Goberno Local para reverter a venda dos dous soares do Campo da Estrada?